abril 25, 2014

XVI OLIMPIADA MATEMÁTICA DE 2º ESO


Juan Carlos Navares Vázquez e Miguel Puga Sánchez, alumnos de 2º ESO, acaban de participar na Fase de Zona da XVI Olimpiada Matemática Galega de 2º ESO.
Ao remate da sesión, recibiron un diploma pola súa participación e agora haberá que esperar aos resultados do vindeiro 12 de maio para saber se pasan a Fase Final Galega que terá lugar o 30 de maio. Noraboa pola vosa dedicación e gusto polas matemáticas!