mayo 23, 2016

XVIII OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA DE 2º ESO

Eduardo Otero Prado e Martín Fernández Carballal, alumnos de 2º ESO, acaban de participar o pasado mes de Abril na Fase de Zona da XVIII Olimpiada Matemática Galega de 2º ESO.
Ao remate da sesión, recibiron un diploma pola súa participación. Noraboa por ter sempre esa inquietude matemática que vos fai buscar novas propostas á hora de resolver problemas.